O grupo, composto por 12 nenas e un neno, están formados na escola de danza Star Dance de Lugo, e  acaban de acadar o terceiro posto no Hip Hop International Spain 16

Non podemos descartar que o baile tamén acabe formando parte das materias educativas. O complicado sería escoller entre as numerosas disciplinas para saber cal incluír no ensino, e é que hai moitos tipos de baile, e moitos ademais que todavía non coñecemos moi ben. E iso que aquí en Galicia temos moi boa canteira.

Polo menos no que se refire ao hip-hop, porque en Lugo hai uns rapaces que veñen de alcanzar a terceira posición no Hip Hop International Spain 16, o que ven ser, o campionato de España. Hoxe temos aquí a parte deses campións, Aldara Carballal, Manu Ojea, Paula Suárez e Iria Vigo, membros de FenixHood.

 

 

Original Story: http://www.crtvg.es/informativos/conecemos-o-grupo-de-danza-fenizhood